Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

 

PODEMOS AXUDAR?




Os artigos promocionais son unha ferramenta moi eficaz para dar a coñecer o nome do seu negocio e ofrecer información para que os consumidores poidan contactar coa súa empresa. Pero a súa utilidade vai máis aló, e existen outros moitos motivos polos que investir neste tipo de accións pode beneficiar ao seu negocio.

Busque artigos que complementen ao seu negocio e que os seus clientes poidan utilizar a miúdo. Por exemplo, se é un vendedor de bicicletas, considere regalar botellas coa súa logo cada vez que alguén realiza unha compra na súa tenda; ou se ten unha axencia inmobiliaria, por que non regalar llaveros co seu nome?

Publicolor traballa cos mellores provedores de artigos para promoción e publicidade co obxectivo de facilitarlle o artigo promocional e de agasallo que mellor se adapte ás súas necesidades ao mellor prezo. Podémoslle presentar a mellor oferta para o artigo que vostede nos propoña ou, se o prefire, podemos darlle ideas e propoñerlle distintas alternativas tendo en conta as características do seu negocio, as persoas ás que vai dirixido, e o orzamento do que dispón.

Pode traernos o seu deseño ou pode deixar voar a súa imaxinación, xa que contamos con oficina propia de deseño que nos permitirá satisfacer todas as súas ideas. Vostede dinos o que desexa e nós encargarémonos de todo o demais.

 

Pode consultar a sección de MARCAS para ver algúns dos nosos proveedores.

QUERE VER ALGÚN DOS NOSOS TRABALLOS EN ARTIGO PROMOCIONAL?

© PUBLICOLOR SERIGRAFÍA, S.L.

Enderezo: Rúa Atalaia, 22, 15940. A Pobra do Caramiñal, A Coruña   Teléfono: 981 83 23 51   E-mail: info@publicolorserigrafia.com
Horario: Luns a xoves 9:30 - 13:00, 16:00 - 19:00 · Venres 9:00 - 17:00

Avisos legais