Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

 

PODEMOS AXUDAR?




A impresión dixital é a evolución da impresión offset. Caracterízase por ser unha impresión directa do computador á máquina (coma se dunha impresora tratásese) evitando os custos intermedios que hai na impresión offset (fotolitos e/ou ferros, preparación de tintas, máquina, etc.).

Todo isto fai que a impresión de pequenas cantidades sexa rendible. Antigamente era impensable exporse por exemplo, imprimir 50 revistas e grazas á impresión dixital é totalmente viable. Outra característica que ten a impresión dixital é, que a imaxe pode variar en cada impresión, mentres que en offset é sempre a mesma. Isto é especialmente util para a impresión de dato variable (por exemplo: diplomas).


VANTAXES

- A impresión é moi rápida, podendo realizarse un traballo en horas.
- Non necesita secado como no offset, podendo cortarse ao instante.
- Pódese realizar personalización en cada copia.


LIMITACIÓNS

- Nos papeis rugosos os fondos non quedan uniformes ao non penetrar o toner por completo.
- Os pantones imprímense por cuatricromía (simulación).
- O rexistro dunha cara coa outra (anverso e reverso) pode variar ata 2mm.
- É mais delicado en canto a acabados.
- As tramas inferiores ao 10% pódense chegar a perder.
- A cor dun mesmo traballo e coa mesma máquina pode variar se se realiza a tirada en momentos distintos.

QUERE VER ALGÚN DOS NOSOS TRABALLOS EN IMPRESIÓN DIXITAL?

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

© PUBLICOLOR SERIGRAFÍA, S.L.

Enderezo: Rúa Atalaia, 22, 15940. A Pobra do Caramiñal, A Coruña   Teléfono: 981 83 23 51   E-mail: info@publicolorserigrafia.com
Horario: Luns a xoves 9:30 - 13:00, 16:00 - 19:00 · Venres 9:00 - 17:00

Avisos legais