Os artigos promocionais son unha ferramenta moi eficaz para dar a coñecer o nome do seu negocio e ofrecer información para que os consumidores poidan contactar coa súa empresa. Pero a súa utilidade vai máis aló, e existen outros moitos motivos polos que investir neste tipo de accións pode beneficiar ao seu negocio.
Busque artigos que complementen ao seu negocio e que os seus clientes poidan utilizar a miúdo. Por exemplo, se é un vendedor de bicicletas, considere regalar botellas coa súa logo cada vez que alguén realiza unha compra na súa tenda; ou se ten unha axencia inmobiliaria, por que non regalar llaveros co seu nome?
Publicolor traballa cos mellores provedores de artigos para promoción e publicidade co obxectivo de facilitarlle o artigo promocional e de agasallo que mellor se adapte ás súas necesidades ao mellor prezo. Podémoslle presentar a mellor oferta para o artigo que vostede nos propoña ou, se o prefire, podemos darlle ideas e propoñerlle distintas alternativas tendo en conta as características do seu negocio, as persoas ás que vai dirixido, e o orzamento do que dispón.
Pode traernos o seu deseño ou pode deixar voar a súa imaxinación, xa que contamos con oficina propia de deseño que nos permitirá satisfacer todas as súas ideas. Vostede dinos o que desexa e nós encargarémonos de todo o demais.
Pode consultar a sección de MARCAS para ver algúns dos nosos proveedores.