|
A impresión dixital é a evolución da impresión offset. Caracterízase por ser unha impresión directa do computador á máquina (coma se dunha impresora tratásese) evitando os custos intermedios que hai na impresión offset (fotolitos e/ou ferros, preparación de tintas, máquina, etc.).
Todo isto fai que a impresión de pequenas cantidades sexa rendible. Antigamente era impensable exporse por exemplo, imprimir 50 revistas e grazas á impresión dixital é totalmente viable. Outra característica que ten a impresión dixital é, que a imaxe pode variar en cada impresión, mentres que en offset é sempre a mesma. Isto é especialmente util para a impresión de dato variable (por exemplo: diplomas).
VANTAXES
- A impresión é moi rápida, podendo realizarse un traballo en horas. - Non necesita secado como no offset, podendo cortarse ao instante. - Pódese realizar personalización en cada copia.
LIMITACIÓNS
- Nos papeis rugosos os fondos non quedan uniformes ao non penetrar o toner por completo. - Os pantones imprímense por cuatricromía (simulación). - O rexistro dunha cara coa outra (anverso e reverso) pode variar ata 2mm. - É mais delicado en canto a acabados. - As tramas inferiores ao 10% pódense chegar a perder. - A cor dun mesmo traballo e coa mesma máquina pode variar se se realiza a tirada en momentos distintos.
QUERE VER ALGÚN DOS NOSOS TRABALLOS EN IMPRESIÓN DIXITAL?
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
|
|